borja_brun

Búscanse pezas de animación sen diálogos para proxecto solidario en Marrocos

O noso socio Borja Brun é o responsable do proxecto “Marruecos 360º en 4×4″ un proxecto documental que inclúe varias iniciativas solidarias, entre elas  proxeccións nocturnas en aldeas de Marrocos nas que se convidará ós seus habitantes a ver un video sobre como é Galicia e nas que se pretende igualmente incluir pezas de animación sen diálogos nen voz en off para facilitar a súa comprensión e que estean orientadas a un público infantil.
É por esto que búscanse autores e produtores que conten con materiais destas características. Calquera persoa que conte con este tipo de material e queira participar nesta iniciativa pode facelo poñéndose en contacto co responsable do proxecto, Borja Brun en info@borjabrun.com indicando no asunto que se trata do proxecto “Marruecos 360º en 4×4″.

Realización dun documental e outras actividades.

O proxecto contempla outro tipo de actividades como a entrega de útiles para o aseo ou o regalo de 3000 balóns que serán entregados a nenas e nenos ó longo da xeografía marroquí. A experiencia completarase coa gravación dun documental durante os meses de novembro e decembro e onde poderemos comprobar o resultado destas iniciativas.

Desde CREA felicitamos a Borja Brun polo seu proxecto e desexámoslle que teña moito éxito nesta iniciativa.

 

Compartir