1. DATOS IDENTIFICATIVOS

CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, con domicilio en Rúa das Salvadas, 2, Parque Vista Alegre, 15705-Santiago de Compostela (A Coruña), e con CIF G15842842.

O enderezo electrónico de contacto é contacto@galiciacrea.org.

Esta entidade está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

.
2. POLÍTICA DE COOKIES:

CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia comunica aos usuarios, a través deste aviso, que poderá utilizar cookies cando o usuario navega polas diferentes pantallas e páxinas do sitio web co obxecto de recoñecer os usuarios rexistrados nas súas diferentes visitas ao sitio web, e poder ofrecerlles un mellor servizo.

A cookie é un pequeno arquivo de texto que o servidor pode gardar no disco duro dun equipo para almacenar algún tipo de información sobre o Usuario. A cookie só pode ser lida polo sitio web que a enviou ao equipo. Non é un arquivo executable nin pode propagar nin conter un virus. CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia utiliza estes datos coa fin única de mellorar os seus servizos. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu ordenador, e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario.

Non obstante, a este respecto o usuario poderá controlar o nivel de seguridade do seu equipo mediante a opción correspondente que teña o seu programa navegador.
.
3. POLÍTICA DE PRIVACIDADE:

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos  de Carácter Persoal, informa aos usuarios do seu sitio web, da existencia de arquivos onde se almacenan os datos que se recaban a través dos formularios desta páxina.

Con esta información, o usuario autoriza expresamente a CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, ao arquivo deses datos persoais subministrados voluntariamente.

Os arquivos son responsabilidade de CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, que se compromete a non ceder, vender, nin compartir os datos persoais en beneficio de terceiros alleos á asociación; así como a adoptar as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos, evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Sen embargo, CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade de Internet e polo tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

O titular dos datos é o único responsable da cumprimentación dos formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados.

Os usuarios que teñan cuberto cos seus datos calquera dos formularios do sitio web de CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición; enviando un correo electrónico ao enderezo contacto@galiciacrea.org

En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, informamos que os enderezos de correo electrónico poderán ser utilizados para o envío de información da nosa organización. Se non desexa recibir información pode comunicalo enviando un correo electrónico ao enderezo contacto@galiciacrea.org
.
4. LIGAZÓNS:

A páxina de www.galiciacrea.org / www.crea.gal proporciona ligazóns a outros contidos que son propiedade de terceiros. Co único obxecto de proporcionar ao usuario a posibilidade de completar a información a través dos mesmos. CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que poidan derivarse ao usuario polo acceso ás devanditas ligazóns, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), os documentos ou os arquivos do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao Usuario por este motivo.

 

5. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIONES

CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, resérvase o dereito de modificar a súa Política de Protección de Datos de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Calquera modificación da devandita Política será publicada no sitio web.