Isaki Lacuesta

AulaCREA tráeche a Isaki Lacuesta

Isaki Lacuesta, o gañador da Concha de Ouro no Festival de San Sebastián con “Los pasos dobles” e autor de obras como: “La noche que no acaba”, “Los condenados”, La leyenda del tiempo” ou “Cravan vs Cravan”, “Un cineasta con maiúsculas, o máis prometedor dos novos cineastas españois”, como foi definido polo crítico e programador do CGAI, Jaime Pena, chegará a Santiago para realizar un obradoiro de 18h de duración baixo o título “Retratos do Invisible”. Un reto no cal os asistentes ó obradoiro se enfrontarán á difícil tarefa de como transmitir en imaxe aquelo que non é filmable: os pensamentos, os sentimentos, ou; noutra orde de cousas; todo aquilo que os medios de comunicación adoitan obviar como: o proscrito, o incómodo, o tabú.
O obradoiro terá lugar na sede da SGAE en Santiago de Compostela entre os días 4 e 6 de xuño en horario de 9:00 a 15:00 polas mañás e de 16:00 a 19:00 polas tardes e as tarifas para matricularse son de 160€ a matrícula xeral, unha tarifa reducida de 120€ para desempregados e estudantes, e outra de 80€ para socios de CREA.
As prazas están limitadas a 20 persoas e todo aquel que desexe apuntarse ó obradoiro poderá facelo escribindo a formacion@galiciacrea.org indicando nome e apelidos, e o tipo de tarifa.
O Obradoiro “Retratos do Invisible” está organizado por CREA en colaboración coa SGAE, CGAC e USC.
A maiores, o xoves 5 ás 20:30 no CGAC terá lugar a sesión “Marker vs Lacuesta” onde se poderá ver o filme “La jetée” de Chris Marker e a continuación “Las variaciones Marker” de Isaki Lacuesta con posterior conferencia e coloquio co autor.

 

 

 

Compartir