bandasonoraflyer

AulaCrea presenta o curso: O guión musical

O GUIÓN MUSICAL

Este curso trata sobre o uso da música no cinema, os seus efectos na audiencia, e incidirá en como escribir un discurso musical comprensible, de modo estruturado e ordenado. Non se abordarán asuntos musicolóxicos, senón cinematográficos, e explicaranse cales son os elementos que conforman a música no cine, para que sexan comprendidos tanto por músicos como por aqueles que non o son. Todo o explicado extráese do uso que ao longo de moitas décadas fixeron os grandes compositores cinematográficos, e que segue en vixencia no cinema actual.
Estará enfocado a profesionais que non son compositores (directores, produtores, guionistas) para que poidan tomar decisións musicais non emocionais, senón racionais, ter unha comunicación máis directa co compositor e saber o que pedir sen provocar confusións.
O obradoiro centrarase en cinco aspectos fundamentais:
O territorio da música no cine, as categorías na música, os niveles musicais, a distribución musical e o guión musical

 IMPARTIDO POR: CONRADO XALABARDER

Profesor da asignatura de Bandas Sonoras na Universitat Pompeu Fabra e na Universitat de Vic. Crítico de bandas sonoras na revista Fotogramas e colaborador de medios como El Periódico de Catalunya ou La Vanguardia. É o creador da web www.mundobso.com, a maior web de bandas sonoras comentadas do mundo, e autor dos libros Enciclopedia de las Bandas Sonoras, Música de Cine: Una Ilusión Óptica e El Guión Musical en el Cine.
Conrado Xalabarder ten compartido conferencias e entrevistas con compositores da talla de Jerry Goldsmith, Ennio Morricone, Michael Giaccino, Dave Grusin, Ludovic Bource, Bruno Coulais, Elmer Bernstein, Luis Bacalov ou John Addison, entre outros

“Unha mala banda sonora pode estropear unha boa película”
Conrado Xalabarder

 Inscrición

Para inscribirte, escribe a formacion@galiciacrea.org solicitando praza no obradoiro, indicando o teu nome completo e o tipo de tarifa a aplicar. Tras recibir vía mail a confirmación de praza e o número de conta bancaria, deberás ingresar a tarifa correspondente en dita conta, indicando como “beneficiaria” a CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia; e poñendo o teu propio nome e apelidos como “concepto”. A inscrición formalizarase logo do ingreso da matrícula.

Tarifas

60€ / tarifa xeral
30€ / tarifa reducida*
15 € / Socios de CREA

*a “tarifa reducida” é aplicable a socios da Asociación Galega de Guionistas e da SGAE. Tamén serán beneficiarios do desconto os estudantes e desempregados. Neste caso, é imprescindible enviar unha imaxe escaneada dalgún documento acreditativo (o carné de estudante ou a tarxeta do paro) á hora de formalizar a inscrición

Compartir