alberto_toro_1140 (2)

AulaCrea organiza un curso de montaxe cinematográfica

O proxecto AulaCrea, coordinado polo noso compañeiro Gaspar Broullón, realizará no vindeiro mes de abril un curso de montaxe cinematográfica impartido polo montador Alberto de Toro, responsable da montaxe de títulos como “Anacleto, agente secreto” ou “3 bodas de más”.
O curso que terá lugar na Sede da SGAE de Santiago de Compostela terá unha duracción total de 25 horas repartidas na semana do 11 ó 15 de abril. As xornadas serán de 16h a 19h o luns día 11 e de 9 a 14.30h do martes 12 ó venres 15.
As tarifas son de 100€ a tarifa xeral, 75€ a tarifa reducida (Desempregados, Estudantes e socios de Agag), e de 50€ para socios de CREA ou SGAE.

Contidos
Esta AulaCREA vai dirixida a directores, montadores e todos aqueles profesionais que desexen profundizar no seu coñecemento do proceso de edición cinematográfica; unha ferramenta imprescindible para dotar de significado completo a obra desde o guión á interpretación. O obradoiro ofrecerá unha aproximación en primeira persoa ao xeito de proceder na montaxe dunha obra, desde o primeiro contacto co material filmado, a distribución secuencial, e a decisión última do fotograma de corte entre dous planos. Análise de obras, tendencias e referentes clásicos e actuais, solucións a problemas atopados en películas propias e propostas do alumnado fan desta AulaCREA un imprescindible na formación de alto nivel deste ano.

O Docente
Alberto de Toro. 
Conta na súa traxectoria con máis de 20 longametraxes españolas e iberoamericanas. Editor habitual de Javier Ruiz Caldera (Spanish Movie, Promoción Fantasma, Tres Bodas de Más) e Roger Gual (Remake, Menú Degustació) tamén é responsable da montaxe das recoñecidas Satanás, Perfil de un Asesino (de Andrés Baiz) ou Km31 (de Rigoberto Castañeda). Recibiu en 2004 o Ariel da Academia Mexicana das Artes e as Ciencias Cinematográficas pola montaxe de Nicotina, de Hugo Rodríguez.

O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o venres día 8 de abril.
Todas e todos aqueles interesados podedes formalizar a vosa inscripción ou solicitar máis información a través do enderezo: formación@crea.gal

 

 

 

Compartir