logo_CREA_300px

“Audiovisual Galego. Un presente incerto, un futuro negro” este domingo en AchegArte

Este domingo temos outra razón para acudir a AchegArte, a feira da cultura Galega, organizada polo concello de A Coruña.

Enmarcado nesta feira a Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego na que está integrada CREA, organiza unha mesa redonda baixo o titulo “Audiovisual Galego. Un presente incerto, un futuro negro” na que se abordaran a actual situación do audiovisual galego baixo a visión das asociacións profesionais, así como as últimas novas sobre a lei do cine paralizada en Europa, e que tanto rebumbio está a levantar.

A mesa celebrarase o vindeiro domingo 26 ás 12:30h na sala Bitácora no Palexco, e estará integrada por Juan Morgade (Presidente de ATEGA, a Asociación de Técnicos), Vicente Montoto (Presidente da AAAG, Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Carlos Ares (Vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas) e Xavier Bermudez (Presidente de CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia)

Non esquezas que o sábado temos outra interesante cita en AchegArte da que xa te falamos, co pase de “A mirada de Anna”.

Compartir