Festival de Cans

Así será a XIII Edición do Festival de Cans

O Festival de Cans fixo pública a programación da que será a súa edición XIII. Serán unhas 90 produccións, entre longametraxes, curtametraxes e videoclips, os que poderán verse na presente edición da cita porriñesa que na súa edición 2016 concederá o seu Premio Honorífico á productora Enma Lustres, responsable de títulos como “Celda 211″ ou “El Desconocido”. O noso compañeiro Dani de la Torre formará parte do xurado nun festival cunha importante participación dos nosos socios.
Entre as 18 curtametraxes que competirán polo Can de Pedra, atopamos títulos como: “Lurna”, dirixida polo noso socio Nani Matos, “Los viajes de Pichük” de Manel Cráneo e Paco Cuesta, “Eco” de Xacio Baño, e “Ladrones de Tiempo” de Fran X. Rodríguez.

Lurna Cartel
O noso compañeiro Javi Camino volve estar presente na competición de videoclips, na cal parcipa con 2 traballos, “Human Flesh” de Bala e “Monstro Subnormal” de Familia Caamagno.

Tamén na categoría de videoclips, o noso compañeiro Alejandro Marzoa, participa con “El último esfuerzo” da banda Manos de topo.

E Olga Osorio que dirixe o videoclip “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus.

CREA estará presente noutras seccións do festival como “A que andas?” onde coñeceremos o proxecto da que será a primeira longametraxe da nosa socia Sonia Méndez, ou “Fillos do sol”,  tvmovie inspirada na historia da empresa Zeltia e dirixida polo noso compañeiro Ramón Costafreda que comezará a súa rodaxe en breve.
Igualmente, o Jalpón de Alicia acollerá na presente edición un programa titulado “Retratos de familia” creado a partires de traballos de autores que empregan o seu propio entrorno familiar para contar as súas historias. “Losada”, dirixida polo noso compañeiro Marcos Nine e Ximena Losada é unha das pezas seleccionadas nesta sección.

CREA tamén estará representada na sección Fillos de Cans, onde a nosa compañeira Manane Rodríguez presentará a súa nova longametraxe “Migas de pan”,  Ángeles Huerta o seu novo traballo “Esquece Monelos”, e Andrés Goteira que fará o propio coa súa primeira longametraxe “Dhogs”.

 

 

Compartir