Ser e Voltar

Arquivos CREA: Ser e Voltar

Ficha Técnica

Curtametraxe Documental
Duración: 14 min.
Dirección: Xacio Baño
Son: Xoán Escudero

Ser e Voltar

Ser e Voltar

Sinopse
Un novo (?) cineasta regresa a casa dos seus avós maternos para facerlle un vídeo-retrato. Diso vai o cine, non si?

“Ser e voltar” é unha das grandes obras galegas do ano 2014 que continúa o seu percorrido por festivais de todo o mundo durante este 2015. Participou no 67 Festival del Film Locarno – Official Competition – Pardo di domani, na  37 Clermont Film Festival – LABO Competition – onde acadou os premios Canal + Prix, Special Jury Mention, no 29 Mar del Plata Film Festival, 21 L’Alternativa – Festival de Cinema Independent de Barcelona – Premio do público, mención do curado. XI Festival de Cans – Mellor curtametraxe polo xurado XI Curtocirtcuito – Premio Galiza, Mellor Guión AGAG. ALCINE – Festival de Cine de Alcalá de Henares – Certamen nacional,  ZINEBI – Bilbao International Festival of Documentary and Short Films e no The International Bosphorus Film Festival – Turkey.

ser-voltar-still4

Un proxecto que contén moito de lúdico como esplica o seu autor Xacio Baño: “Simplemente quería gravar uns retratos dos meus avós para crear un recordo para a posteridade, e así dun modo un tanto infantil, tentar eternizalos. Despois ao visionar as imaxes vin que os dous me preguntaban polo cine, e por aí atopei un fío por onde tirar e conseguir algo que merecera a pena contar. Foron eles os que me ensinaron por onde tiña que ir a peza.  Así que voltei a onda eles có propósito de explicarlles como é o cinema por dentro, porque o necesito. E así sentirme aceptado pola manada. Ao final, a peza non é tanto por eles se non por min. Todo xira en torno ao ego do director, non ?”
“Ser e Voltar” constitúe ademáis a primeira incursión de Xacio Baño na Non-Ficción, factor este que o autor non considera unha ruptura co seu traballo anterior: “Non considero que sexa un cambio porque non creo que exista ruptura total có que fixen antes, creo que é máis ben unha pequena evolución. Si que é a primeira vez que xogo coa non-ficción. Tamén é a primeira vez en que nas miñas pelis dúas persoas interaccionan verbalmente entre elas. Esta evolución débese á curiosidade. Sempre digo que me gusta máis a actitude do alumno que a do profesor. Gozo aprendendo e pisando terreos descoñecidos para min. Non hai cousa que máis me aburra como creador que acertar, repetir mesmas fórmulas ou ser previsible.”

ser-voltar-still2

Unha curta que destaca pola proximidade e que mudou a opinión do propio autor sobre a posibilidade de traballar no mundo da non-ficción: “Antes de rematar “Ser e voltar” pensaba que era a primeira e única aproximación ao cinema de non-ficción, por carencias propias,e por barreiras que me levanto. Pero ando a gravar outra peli que transita polos mesmos terreos que “Ser e voltar”, e xoga nese terreo tan fértil colocado entre documental e ficción, pero cunha parte de actoral moito máis importante. E imaxínome facendo a miña primeira longametraxe en 3 ou 4 anos. E acabando na casa de pedra onde hoxe viven os meus avós, dándolle consello aos meus netos de que fagan algo de proveito coas súas vidas.”

ser-voltar-still5

Anecdotario
Xacio Baño: Toda a rodaxe foi unha experiencia marabillosa. Moitas risas. Ao final o cinema, cando se goza e se fai por gusto, non se diferencia dun xogo. As anécdotas viñeron despois. A peli tivo repercusión nos periódicos, e ata lles acabaron facendo unha entrevista no progreso. Foron a sensación dos veciños do pobo durante unha época.
- Josefa, entón agora es actriz?
- Que vou ser, é un corto do cativo. E estou moi desgustada. Sacoume na película coa roupa vella.
Foi un gusto axitarlles a vida.

Compartir