Hierro

Arquivos CREA: Hierro

Ficha Técnica

Serie de Televisión
Duración: 8×50 min
Dirección: Jorge Coira
Produción: Alfonso Blanco
Guión: Pepe Coira, Araceli Gonda, Alberto Marini
Música Orixinal: Elba Fernández / Xavi Font

Hierro title2

Hierro é o novo proxecto do noso compañeiro Jorge Coira, un drama policial que se desenvolve no lugar máis afastado do continento europeo, a illa de El Hierro; un entorno pequeno e pechado no que calquera conflicto afecta dunha forma moi persoal e directa a toda a comunidade. Con esta sinopse, o proxecto aínda en vías de desenvolvemento foi presentado na pasada edición da Berlinale onde foi seleccionado para o Series Mania de Paris que se celebrará en abril de 2015. Un proxecto que nace polo apego especial do propio autor ó mundo do thriller, como esplica o propio Jorge Coira: “A historia nace, por unha banda, do noso cariño polo thriller e por toda a corrente noir que tanto na literatura coma no audiovisual está vivindo, nos últimos anos, unha renovación moi interesante; e por outra, pola convicción de que é necesario apostar polas series de calidade para poder colocarnos ante o mundo.”
Entre o máis destacable deste proxecto que na actualidade está pechando o seu financiamento está, para o noso compañeiro o espectacular entorno no que se desenvolve o filme: “Creo que é un proxecto que nace con alma. Todo o traballo que se está facendo en guión busca de verdade facer unha serie que poida remover cousas por dentro, que enganche, que emocione… E o feito de plantexar unha ficción así nun lugar tan extremo como é a illa de El Hierro, enseguida dispara imaxes na miña cabeza.”
Hierro

Así mesmo, entre a ampla obra de Jorge Coira, o autor sinala que podemos atopar certos paralelismos entre Hierro e traballos anteriores: “Cada proxecto é un mundo e estes, coma sempre, nace desde cero; de forma que teremos que traballar en atoparlle o seu propio estilo, o seu ritmo, a súa cor… De todas formas, si teño a sensación de que, dalgunha forma, está emparentado con As leis de Celavella, ainda que no caso de Hierro non se trata de episodios autoconclusivos, senón dunha historia única contada en 8 episodios, e no seu aspecto visual vai ser radicalmente diferente.” Unha proxecto, que desta volta se marca como reto colocarse “no entorno do novo thriller internacional, e que poida atrapar o público a través dunha historia e uns personaxes que resulten auténticos e imprevisibles”.

Hierro 2

Anecdotario: “Estamos comezando o caminño, así que apenas levamos vivido o proxecto, pero xa pasamos por algún momento divertido como foi a presenza no Drama Series Day, en Berlin, onde nos seleccionaron para participar no Séries Mania de París. E xusto despois de recibirmos ese recoñecemento, comezou unha loucura de xente preguntando e intersesándose polo noso proxecto, que deu lugar a bastantes momentos ben curiosos”.

 

 

 

 

 

 

Compartir