El-desconocido

Arquivos Crea: El desconocido

El-desconocido“El desconocido” foi, sen dúbida, un dos filmes máis importantes do ano 2015 e que segue a recoller froitos no 2016 en forma de múltiples premios que van desde o Premio do Círculo de escritores cinematográficos,  premio de “El ojo crítico” de RNE ou o máis recente, o Premio ó Mellor director Novel que recollía o noso compañeiro Dani de la Torre, no Festival de Cine Solidario de Cáceres.

Dani de la Torre _ Cine solidarioSen esquecernos dos dous Goyas acadados polo filme, Mellor Son e Mellor Montaxe (onde o galardoado foi o actual presidente de Crea, Jorge Coira), ou das 16 nominacións que actualmente acumula o filme para os Premios Mestre Mateo que concede cada ano a Academia Galega do Audiovisual.

Goyas-2016-Mejor-Montaje-Jorge-CoiraO filme, un thriller de ficción narrado en clave de acción e que toca un drama social como é o caso das preferentes, foi ademáis un dos filmes máis taquilleiros en España no ano 2015. Falamos con Dani de la Torre sobre como foi a xénese deste proxecto: “Presentei un tratamento e una sinopse a Vaca Films tras levar dous anos tentandoo con varias ideas. A idea veume buscando un concepto sinxelo e fácil de producir para una primeira peli, pensei na miña primeira curtametraxe Minas e tamén nese momento estoupaba todo o das preferentes. Eu estaba moi indignado coma cidadán co que estaba acontecer, pareceume boa idea mesturalo, facer una peli de xénero con carga e trasfondo social moi actual.” Afirmaba Dani de la Torre. (Para quen non tivese ocasión de ver a primeira curta de Dani de la Torre, “Minas”, aquí a deixamos)

Ademáis, o filme traspasou fronteiras e ten programada a súa estrea en salas en varios países, aínda que como nos comentaba o propio director, faise complicado saber cal é a dimensión que está acadando este proxecto: “A verdade e que ainda non son moi consciente da dimensión, agora empezo a facelo, , ao incorporarse Tosar ao proxecto xa sabes que ten un plus máis, por que é un dos grandes, logo o resto do reparto tamén elevou a dimensión do proxecto. Unha vez que empezou a rodaxe, os demais procesos viñeron moi rápido, sin que case puidera asimilalo xa estábamos na estrea en Venecia e en San Sebastián, a estrea en salas… Foi marabilloso poder asistir a eses festivais e poder ver a nosa peli con público de diferentes lugares e sentir as súas reaccións. Logo as nominación saos Feroz, CEC, Goya ou Ollo Crítico foron un subidón total. Estou moi agradecido.” (Baixo estas liñas, cartel xaponés de “El desconocido”).

 

 

el desconocido_xapon

“O cariño que recibín a través das redes sociais ou persoalmente da xente que ía ver a peli, fanche pensar, “Hostia, gústalle a xente! Que grande!” E respiras aliviado, porque era a miña pretensión mais clara, chegar ao público, que non pasara desapercibida, xa que foi un esforzo moi grande de todo o equipo. O máis bonito é que en Galicia a resposta do público foi brutal, sobretodo na Coruña, e eso é impresionante” Comentaba Dani de la Torre quen facía extensiva a súa ilusión ós premios acadados polos seus compañeiros de equipo: “Os recoñecementos de nominacións nos premios foi moi bonito, sobretodo ver como compañeiros recollían premios, coma Jorge ou David, Nacho e Jaime foi un subidón.”  (Baixo estas liñas, trailer italiano do filme, país no que se estreará El desconocido o vindeiro 31 de marzo)

O noso compañeiro tamén ten moi claro que é o que máis destaca do filme: “Por encima de todo e una peli de entretemento, certo é que ten varias capas, pero o que pretendía e que o publico pasara 95 min pegado a butaca, logo tamén creo que é un concepto de peli que non é habitual do noso cine no que se mesturan interpretacións ao límite cunha posta en escena potente, era un reto facela co orzamento que tiñamos pero en Galicia xa estamos acostumados a facer grandes cousas con orzamentos pequenos. Tiven un grande equipo.” (Baixo estas liñas, entrevista a Dani de la Torre e o guionista Alberto Marini no contexto dunha masterclass organizada pola Asociación galega de guionistas AGAG)

Anecdotario por Dani de la Torre.
Pois houbo moitas anécdotas, sobretodo na rodaxe, o facela nas rúas da Coruña, colábasenos xente que en toma lle pedía autógrafos a Tosar ou selfies e tiñamos que cortar. Logo os nenos Marco tiña tanta enerxía que despois de rodar ía a xogar ao fútbol.
Na secuencia do trasatlántico tiñamos 4 horas para rodar co barco atracado, as últimas tomas rodamolas co barco zarpando e os turistas dicindo adiós mentres Tosar e Gutiérrez corrían polo peirao co coche a toda velocidade. Salvamos a secuencia polos pelos.
Tiñamos un coche so para explotar, outro so para tirar o mar, a verdade e que xogamos con lume pero tivemos sorte e saiu todo moi ben.

Curiosidades.
O traballo de deseño da imaxe dun filme é laborioso e en moitos casos invisible. Aquí vos deixamos algunhas das versións previas que tivo o cartel do filme antes de chegar á súa imaxe definitiva.

46 ED_PORTADILLAS_INDICE_baja ElDesconocido

 

Compartir