Veronica Boquete-Contra os elementos

Arquivos CREA: Contra os elementos

“Contra os elementos” é o título dunha serie documental de 5 episodios, realizada polxs nosxs compañeirxs Belén Montero, Juan Lesta e Marcos Nine,  que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

A boxeadora Marta Brañas e a xogadora de Rugby Mónica Castelo son as protagonistas de “Lume”

A futbolista Verónica Boquete e a atleta Paula Mayobre protagonizan “Terra”

https://www.youtube.com/watch?v=oww-eiB6kgk

A campioa olímpica de vela Sofía Toro, a surfista Isabel Gundín e a nadadora Ruth Ballesteros fan o propio con “Auga”

Mentres que as parapentistas Mari Carmen García e Maite Raimondo, xunto coas ximnastas Thais Pazos e Alicia Sadia máis a súa adestradora Elena González son as protagonistas de “Aire”

A serie complétase cun episodio extra titulado “Futuro” no cal a profesora de Socioloxía da Actividade Física María José Mosquera reflexiona sobre a muller e o deporte.

Toda a información sobre o proxeco pode atoparse na web “Contra os elementos”.

 

Compartir