Decorado - cartel

Aquel marabilloso Cannes de 2016 pt 3: O debut de Alberto Vázquez

Anuncio seleccion DecoradoAnuncio estrea decoradoAsí comezaba a historia dunha das máis gratas sorpresas do cinema galego de este ano, a selección da curtametraxe “Decorado” do noso compañeiro Alberto Vázquez para participar na Quincena de Realizadores de Cannes.
Decorado - cartel

 

Debut de Alberto Vázquez en Cannes que se produce aínda en plena resaca dos éxitos colleitados pola súa primeira longametraxe “Psiconautas. Los niños olvidados”, estreada o pasado ano no Festival de San Sebastian dentro da sección Zabaltegi , e que lle valeu entre outros galardóns, o Premio Lurra concedido por Greenpeace en San Sebastián, ou o Premio CREA á mellor dirección de longametraxe de animación.
premios psiconautas

Mentres agardamos pola chegada ás salas comerciais de “Psiconautas” prodúcese a estrea de “Decorado”, curtametraxe que vai acompañada dunha definitoria frase de presentación: “O mundo é un escenario marabilloso cun elenco despreciable”. A reflexión representa á perfección o universo que representa Alberto Vázquez nas súas historias, cargado de pesimismo e altas doses de cinismo e humor negro, unha sorte de “antifábulas” nas cáis os seus protagonistas se soen mover influenciados polos seus máis baixos instintos.

sobre decoradoA selección en Cannes supón un paso máis na consolidación de Alberto Vázquez na súa fulgurante carreira como cineasta na cal pasou de dirixir a súa primeira curtametraxe, “Birdboy”, no ano 2010 co que xa acadou un premio Goya, a parcipar en Cannes con “Decorado” en só 6 anos.
alberto Vázquez Cannes

Alberto Vazquez declaracionA obra de Alberto Vázquez está moi influenciada polo seu pasado como ilustrador e debuxante de tebeos. Tras un pasado no cal participou en revistas e fanzines como Barsowia ou Fanzine Enfermo, é autor das novelas gráficas “Psiconautas” e “El evangelio de Judas”. Parte dos seus traballos beben das fontes da fábula clásica tanto narrativamente como moi especialmente na estética, influenciada polos bestiarios, ou por figuras como John Tenniel, debuxante de “Alicia no país das marabillas”. Un bo exemplo desto é súa segunda curtametraxe “Sangre de Unicornio”

 

Compartir