Alvaro_Gago

Álvaro Gago fala de Curricán

Viaxamos a Londres para conversar co socio Álvaro Gago sobre o seu último traballo, Curricán que vén de recibir 3 premios: mellor dirección en Curtocircuito e mellor curta no Festival de Cans e no Festival Primavera do Cine de Vigo. Tamén se proxectou no Festival de Málaga, no IBAFF de Murcia e no Festival de Victoria-Gasteiz. A pesares de ter dixixido xa tres pezas, Álvaro consideraa como a súa primeira.

currican-cartel

Como a definirías ou resumirías a curta.

Un regreso ás orixes, ás impresións dun pasado que xa non existe, á miña terra, á min mesmo. Curricán responde a un desexo de falar desde un punto de vista íntimo.

Por que cres que está recibindo tanto éxito nos festivais nos que é seleccionada.

É difícil de saber. O dos festivais é unha lotería. O éxito é participar, que a xente vexa a túa obra. Se ven algo a maiores pois benvido sexa pero non creo que se deba xulgar unha película polos premios que reciba. Mollándome un pouco, penso que Curtocircuito premiou unha ficción cunha narrativa certamente convencional pero cunha linguaxe visual algo mais arriscada e quizáis tamén influiu o feito de que era unha ópera prima. En Cans penso que o que mais decantou a balanza foi a natureza do filme, moi próxima á natureza do propio festival. E no Primavera arríscome a dicir que quizáis quixeron tirar por un da casa. Son todo hipóteses. Me consta que tódolos premios foron moi pelexados.

Que diferenzas durante o proceso con respecto aos tres anteriores traballos como director.

Considero que Curricán é a miña primeira curta. É certo que dirixin alguna que outra peza con anterioridade, pero para mín ese material forma parte do meu adestramento como cineasta. Foi a través deses exercicios que tiven a oportunidad de traballar o ollo e descubrir que, si, que tiña cousas que contar e que, a día de hoxe, esas historias estaban preto da casa. Foi un descubrimiento lento, principalmente porque a min cústame moito acumular confianza, e para lanzarte a contar o que realmente te interesa e revelar así parte da túa intimidade necesitas estar tranquilo e seguro de ti mesmo. Polo tanto, e contestando á pregunta, as diferencias con respecto aos demáis traballos son abismales. Non sabería por onde comezar.

Algunha referencia visual concreta para realizala.

Toda a filmografía de Abbas Kiarostami, Vittorio de Sica, Rosellini, os inicios de Visconti (‘La Terra Trema’). ‘The White Balloon’ & ‘The mirror’ de Jafar Panahi. ‘Araya’ de Margot Benacerraf (un filme Venezolano que compartiu premio en Cannes con ‘Hiroshima, Mon Amour’, ahí é nada, e do que se sabe moi pouco, pero que ten un valor incalculable). As curtas de Joao Salaviza (‘Arena’ e ‘Rafa’) e Pedro Pinho (‘Un fim do mundo’), e o pintor Paul Klee, especialmente un cadro del que se chama “They are biting”, un cadro que me levaba directamente a Vilanova de Arousa, onde se rodou o filme, e do que emana unha liberdade, un azar e unha aventura que tiña moito que ver co mundo que estaba eu a representar.

They're Biting 1920 by Paul Klee 1879-1940

Xa que tamén fuches guionista, comparte con nos unha frase, un fragmento do guión que che pareza especialmente destacable por algún motivo.

A primeira páxina do guión non está na película. Sei que soa estrano pero así é. Despois atopeime co libro “Obreros Trabajando” de Mahmoud Reza Sani, que recopila varias das leccións que Abbas Kiarostami comparte co seu alumnado durante os talleres que fai por todo o mundo, e puiden leer: “Una película debe siempre comenzar sin introducción. Cuando no hay ningún tipo de introducción, usted está obligado a ofrecer con imágenes una idea más completa y sintetizada de su historia. El buen cine comienza sin preámbulos, comienza de repente, sin ninguna presentación”, e entendín que seguramente era por iso que a primera páxina do guión me sobraba na edición.

Contanos en que andas liado..

Diariamente ando liado coa edición de todo tipo de material, sobre todo curtas de ficción, pero tamén documentais (estou traballando con Diana Gonçalves na edición de ‘Palmira’, unha obra creada no marco do taller “Retrato Filmado” que dirixiu Marta Andreu durante os últimos anos do Play-Doc de Tui) e proxectos que pagan a renta aquí en Londres, que non é baixa. Ademáis, formo parte da organización do Galician Film Forum (celebraremos a terceira edición despois do verán) e traballo como profesor de cine para nenos nunha compañía que montamos un grupo de amigos e que se chama Young For Film.

No terreo persoal, estou a piques de sacar unha nova curta moi pequeñina, de apenas 3 minutos, que se titula ‘Bombolles’, e que foi rodada en Barcelona no marco do taller con Abbas Kiarostami, en Febreiro deste ano. Tamén estou vendo se saco algo en claro (estou en montaxe) dunha sesión de case unha semana de rodaxe co meu abuelo na súa casa en Vilanova de Arousa, e estou escribindo o guión da próxima curta que me gustaría rodar en Galicia, ambientada nas Rías Baixas e cunha muller no papel principal.

Dende CREA gostamos de ver a evolución dos nosos asociados máis novos, como Álvaro Gago, e desexarlle tanta sorte como talento amosa nos seus traballos. Quedamos impacientes por asistir ás proxeccións das súas próximas obras.

Compartir