zarauza

Alfonso Zarauza gran triunfador da XIII Edición dos premios Mestre Mateo

O noso socio Alfonso Zarauza convertiuse este sábado no protagonista principal da XIII Edición dos premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual. Ata en 3 ocasións subiu Zarauza a recoller galardóns polo seu filme “Os fenómenos” , Mellor Guión, Mellor Dirección e Mellor Longametraxe.
Ademáis de Alfonso Zarauza, varios foron os socios de CREA que resultaron galardoados. Luís Avilés acadou o premio á Mellor Curtametraxe por “Unary”, Juan Galiñanes e Olga Osorio fixeronse co premio ó Mellor Videoclip por “Garden’s Road” do banda Escuchando Elefantes, o premio á Mellor Serie de Televisión foi para “Serramoura” dirixida polos nosos compañeiros Jorge Saavedra e Miguel Conde, mentres que Marcos Nine recibiu o premio á Mellor Montaxe por “A viaxe de Leslie”. Igualmente tamén acadaron galardóns “Schimbare” dirixida polo noso socio Alex Sampayo e “Códice” do noso compañeiro Jorge Cassinello.
Ademáis, o noso compañeiro Toño López foi o director da gala que podedes ver íntegramente aquí.
Máis información e o Palmarés íntegro na web da Academia Galega do Audiovisual.

 

Compartir