Alex Rodrigo CIP Premio CREA

Álex Rodrigo gaña o Premio CREA no CIP

O pasado sábado clausurouse a que foi a terceira edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay que dirixe a nosa compañeira Sonia Méndez. Entre as novidades deste ano, CREA colaborou no Interplay coa creación dun novo “Premio CREA”, está vez, á Mellor dirección de Webserie.
Alex Rodrigo Premio CREA CIPNesta ocasión, o primeiro galardoado co Premio CREA ó Mellor director de Webserie no Carballo Interplay foi o directoir Álex Rodrigo, polo seu traballo na serie “El Partido”, a produción triunfadora da noite ó facerse igualmente co Premio á Mellor Webserie de imaxe real.


Outra das novidades da presentación desta III Edición do Interplay foi o Premio ó Mellor proxecto de webserie en galego, unha maneira de apoiar a creación de novos contidos que se atopan en fase de desenvolvemento e á súa vez de fomentar o uso do galego na rede. Os gañadores deste premio foron Porco Bravú con “Peter Brandon”.
O Palmarés do Interplay complétase cos premios á Mellor webserie de animación para “Orfanato atroz”, Mellor webserie internacional para “Arthur”, Mellor webserie en galego para “Poetarras”, Premio AGAG ao mellor guión para David Sainz por “El colega canario”, webserie premiada tamén co premio ó mellor actor para Óscar Lara. O premio á mellor actriz foi para Esperanza Guardado por “Briget Jon de Triana”

 

 

 

Compartir