aki

AKI KAURISMÄKI EN GALICIA

Varios dos socios e socias de CREA participaron nos encontros do Festival Internacional de Cine Curtocircuito, dirixido nesta edición polo compañeiro Pela del Álamo. O encontro máis agardado foi poder escoitar ao cineasta finés Aki Kaurismäki. Cun discurso intenso e posicionado contra as inxustizas sociais como as súas obras, Aki, un dos cineastas máis destacados de Europa, afirmou “Se tedes fillos…

Se tedes fillos porque non loitades por eles e facedes a Revolución?

Nesta entrevista recoñece que dende finais dos 70 “levo facendo films, máis de trinta anos. Quero descansar, agora só cando teño unha idea boa fagoa”.

Autor de obras premiadas como Ariel, 16th Moscow International Film Festival, Leningrad Cowboys Go America, Nubes pasaxeiras ou Un home sen pasado, Palma de Ouro en Cannes.

As atmósferas únicas que recrea, os seus personaxes delirantes, o humor negro e o sentido existencialista nos seus relatos cinematográficos dan conta dunha ampla filmografía que inclúe 17 longametraxes, tres documentais dende o seu primeiro traballo como director no 1981 The Saimaa Gesture, e 13 curtametraxes, entre as que atopa o seu derradeiro filme Vandaleyne no 2015.

akiKAURISMAKIcurtocircuito

Tralo encontro no Teatro Principal tivo lugar unha especial sesión escollida polo Kaurismaki composta por catro obras de distintas épocas e duracións. Seul l’avenir nous dira de Gilles Charmant (2015), Fatal glass of beer de Clyde Bruckman (1933), Let there be light de John Huston (1946) e Malj de Aleksandar Ilic (1977).

Compartir