AGADIC convoca as axudas a produción e desenvolvemento.

AGADIC
Acaban de ser convocadas as axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, e para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.

A convocatoria de desenvolvemento conta cunha dotación de 150.000€ repartidos en dúas anualidades nas que contará cun orzamento de 50.000€ no 2013 e de 100.000€ no 2014.
Poderán optar a esta modalidade de axudas os proxectos de:
-Longamentraxes de ficción.
-Longametraxes documentáis.
-Películas para televisión.
-Formatos innovadores para televisión.
-Pilotos de series de animación para televisión.

O máximo que poderá recibir un proxecto son 20.000€ non podendo excederse os 50% do orzamento total coa axuda de AGADIC.

A convocatoria de produción está dotada con 1.100.000 €, dos cales 150.000 € corresponden á anualidade de 2013, 380.000 € á de 2014, 570.000 € á de 2015.
Esta liña de axudas ven a apoiar proxectos para a produción e a realización de películas de valor cultural, e para a produción de obras audiovisuais que fomenten o talento audiovisual galego.
Podendo presentarse producións nas seguintes modalidades:

Longametraxes:
-Modalidade A: longametraxes cinematográficas (animación, ficción ou documental) cunha clara singularidade narrativa e decidido propósito cultural e artístico.
-Modalidade B: ópera prima: longametraxes de ficción guionizadas e dirixidas por galegos ou residentes en Galicia, que sexan ópera prima ou segunda longametraxe e cun custo de realización inferior a 1.500.000 €.
-Modalidade C: películas para TV

Longametraxes documantáis:
-Modalidade A: documentais de creación.
-Modalidade B: documentais de difusión cultural

O prazo de presentación de proxectos é de un mes a partir do día de hoxe, para ambas liñas de axuda.
Tedes a convocatoria completa en formato PDF nestas ligazóns:
Convocatoria desenvolvemento.
Convocatoria produción.

Compartir