Agadic convoca as axudas á produción de longametraxes, sen aclarar se haberá máis liñas de axudas.


Onte AGADIC fixo pública a liña de axudas á produción de longametraxes.
Neste ano, e como podería ser previsible, esta liña volve a sofrer un forte recorte (similar ao do ano pasado) e o orzamento para 2012 limitase a 150.000€, deixando a maior parte da axuda para as vindeiras anualidades.
Isto podería ser máis ou menos normal en tempos de crise, pero todo parece indicar que esta será a única liña de axudas que AGADIC ten previsto sacar este ano, co que as liñas de apoio ao  talento, a de contidos interactivos, a de desenvolvemento de proxectos, a de curtametraxes e videoclips sufrirán un recorte do 100%.
Polo momento non hai confirmación oficial por parte de AGADIC, de que estas liñas se vaian cortar, pero tampouco de que se vaian manter.
Lamentamos a hipotética desaparición destas axudas que tanto rendemento indiscutible lle deron ao audiovisual galego e á cultura galega, chegando a obter recoñecementos que nunca antes soñáramos en Galicia, e todo cunha inversión baixísima por parte da Xunta de Galicia.
Nestes tempos os recortes son comprensibles, pero non acabo de entender que non afecten por igual a todos, e que se opte por desamparar aos máis febles. Espero que todo quede nunha falsa alarma (como ocorreu o ano pasado) e que AGADIC non abandone estas liñas de axuda.

Ligazón á liña de axudas.
Ligazón a nova en El País: “Agadic hipoteca o futuro do audiovisual”

Compartir