Lobos Sucios cartel

Actualidade en imaxes.

Este venres chega ás salas “Lobos Sucios”, ópera prima do noso compañeiro Simón Casal, na que se adentra na II Guerra Mundial e a importancia das minas de wolfram galegas no desenvolvemento da mesma. O filme conta con 14 nominacións aos premios Mestre Mateo. Non a perdades.

Lobos Sucios cartel

O pasado 3 de abril presentouse en Cannes a serie “La embajada”, un novo proxecto de Atresmedia, producido pola productora galega Bambú e que estará dirixido polo noso compañeiro Carlos Sedes.
943849_10153559302498207_5583718542230635063_n

Dani de la Torre e “El desconocido” seguen de actualidade. Actualmente o filme proxectase nas pantalla italianas. Igualmente o filme presentase como gran favorito nos premios Mestre Mateo con 16 nominacións.

desconocido-resa-dei-conti-v8-33364-340
“Eco”
de Xacio Baño, curtametraxe estreada no Festival de Locarno, segue a darnos alegrías. O filme acaba de ser seleccionado para participar na 18 Edición do prestixioso festival de cinema independente de Bos Aires, BAFICI, onde coincidirá con outra produción galega: “Verengo” de Victor Hugo Seoane. Para quenes non puidéchedes ver todavía “Eco” o filme proxectarase proximamente no Play-Doc de Tui que se celebra do 13 ao 17 de abril. Ademáis está nominada a Mellor curtametraxe nos premios Mestre Mateo.

Eco Xacio Baño

Luís Avilés será outro dos nosos compañeiros que estará presente en Play-Doc para presentar a súa longametraxe documental “Os días afogados”, tamén nominado nos premios Mestre Mateo. Ademáis está de doble actualidade xa que a súa curtametraxe “Unary” acaba de ser seleccionada para competir no Festival de Málaga na categoría de curtametraxes.
os dias_afogados Avilés Unary Avilés premios
Outro dos filmes que acaba de iniciar un intenso percorrido por festivais de todo o mundo é “Ladrones de tiempo”, curtametraxe dirixida polo noso compañeiro Fran X. Rodríguez que en menos dun mes acumula 4 seleccións distintas, ademáis de estar nominada nos Mestre Mateo na categoría de Mellor Curtametraxe. Nos próximos meses, “Ladrones de tiempo” poderá verse en Arizona, no Visual Sound de Barcelona, en Riverside e en Madrid.
ladrones de tiempo visual sound ladrones de tiempo madrid Ladrones de tiempo riverside Ladrones de tiempo Arizona

 

 

Compartir