premios patrocinados por CREA

Co obxectivo de potenciar e visibilizar o traballo dos directores e directoras de Galicia, desde CREA decidimos abrir unha liña de colaboración con festivais, que consiste no patrocinio do premio á Mellor Dirección dentro do palmarés do festival.

No Festival de Cans 2014 os gañadores do Premio a Mellor Dirección foron Dani Viqueira e Omar Rabuñal por Koan.

Asimesmo, nesta mesma edición levaron premios os socios Xacio Baño -Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real por Ser e voltar-, e Juan Galiñanes (Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe por 3-1=0).

No Festival Internacional de Curtametraxes CURTOCIRCUITO 2013 -onde o socio de CREA Andrés Rosende gañou o Premio AGAG a Mellor Guión e unha Mención Especial na Sección Galicia, pola súa curtametraxe Mr. Bear-, o gañador do Premio a Mellor Dirección foi Lois Patiño, pola curtametraxe Montaña en Sombra.