CONECTAplus

ENCONTRO ENTRE DIRECTORES/GUIONISTAS E PRODUTORES

Conecta+ é unha ferramenta para poñer en contacto a creadores galegos -con proxectos en fase de desenvolvemento-, con produtores (tanto galegos coma do resto España) que poidan estar interesados en desenvolver eses proxectos.

O formato deste encontro é o das reunións un-a-un xa utilizado nos encontros Conecta e que demostrou a súa eficacia á hora de poñer en común proxectos, xa que permite un mellor coñecemento persoal de ámbalas dúas partes; maior profundización no coñecemento do proxecto, e en definitiva, máis posibilidades de atopar conexións entre a produción e a creación, que o clásico formato piching.

Conecta+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, directores e produtores; para construír pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

Os participantes de Conecta+ dividiranse en dúas categorías: con proxecto e sen proxecto. Os primeiros poderán presentar o seu proxecto a produtores co obxectivo de establecer unha colaboración profesional ou, cando menos, de recibir unha orientación que de como resultado o fortalecemento do proxecto.

Doutra banda, os produtores terán a oportunidade de coñecer novos creadores e proxectos.

Para facer todo isto posible serán invitados quince relevantes produtores (dez galegos e cinco do ámbito nacional) nos diferentes eidos da produción audiovisual, cubrindo un amplo abano de formatos da produción audiovisual. Desde a ficción comercial, ao cine experimental, os documentais, a televisión ou os proxectos transmedia.

Conecta+ terá lugar o 17 de decembro de 2016 no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña.

Se desexas máis información podes descargar o dosier de Conecta+ en formato PDF ou escribirnos a eventos@crea.gal.

Non perdas esta oportunidade de facer medrar o teu proxecto!

—————————————————-

Se estas interesado en participar basta con encher o formulario correspondente.

Formulario para asistir como produtor (sen proxecto) (Data límite 25 de novembro)

Formulario para asistir con proxecto (director/guionista) (Data límite 18 de novembro)

—————————————————-

 

Conecta+ é unha iniciativa de CREA, Asociación de Directores Realizadores de Galicia, para a que contamos coa colaboración das asociacións AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), así como da Fundación SGAEAGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e Galicia Calidade

crea_logo       logoAgagEs

Fundacion_SGAE_color       agadic

agapi        logo galicia calidade