Un ano máis, neste outono celebraremos unha nova edición de CONECTAa xornada de encontros entre creadores.

Un encontro organizado por CREA, co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Galega de Guionistas, no que participan arredor de 70 creadores para celebrar máis de 200 reunións ao longo de oito intensas horas.

Se queres participar, pincha nas seguintes ligazóns:

conecta 2016

22 de outubro de 2016 celebrouse a cuarta edición de CONECTA, a xornada de encontro entre creadores. Aqui tedes unha pequena crónica do éxito do Conecta 2016.

Con máis de 60 participantes e 27 proxectos, as reunións producíronse ao longo de oito horas, nas que houbo tamén espazo para o debate e o encontro informal entre a xente do sector.

CREA agradece a AGAG, a Asociación Galega de Guionistas pola súa colaboración e complicidade e á Fundación SGAE polo seu apoio financieiro e loxístico para esta edición de CONECTA.

 

Reunións Conecta 2016

Reunións Conecta 2016

conecta 2015

CONECTA, a actividade organizada por CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia coa colaboración da AGAG, Asociación Galega de Guionistas, e co apoio da Fundación SGAE, consolidouse en 2015 coa súa terceira edición, que reuniu a máis de 70 creadores e creadoras audiovisuais. As propostas presentadas nesta edición foron diversas e de distintos xéneros. Longametraxes de ficción, series de ficción, programas e formatos de televisión, documentais, webseries…

conecta 2014

día 8 de novembro de 2014 celebrouse a segunda edición de CONECTA, a xornada de encontro entre creadores. E de novo repetiuse o ambiente creativo e intenso da primeira edición.

Máis de 50 participantes e arredor de 200 reunións ao longo de oito horas, nas que houbo tamén espazo para o debate (especialmente interesante todo o que se falou sobre as diferentes formas de preparar proxectos de cara á súa presentación ante produtores) e para o encontro informal durante as pausas de café e comida.

Desde CREA queremos mostrar o noso agradecemento aos participantes sen proxecto pola súa xenerosidade á hora de  aportar o seu talento e coñecemento; aos participantes con proxecto por darlle sentido a esta actividade, e seguir loitando por xerar  futuras obras audiovisuais; aos compañeiros de AGAG, a Asociación Galega de Guionistas pola súa colaboración e complicidade; a AGADIC polo axuda para a organización do seminario de pitching; e por suposto, á Fundación SGAE e ó seu Consello Territorial de Galicia por ofrecer o seu apoio financieiro e loxístico para esta edición de CONECTA.

 

conecta 2013

A primeira edición de conecta celebrouse en novembro de 2013 na Cidade da Cultura, e nela seleccionáronse 35 proxectos entre longas, curtas, series, etc.

Nesa primeira xornada reuníronse 70 creadores que, durante oito horas, debatiron, comentaron e analizaron os seus proxectos no medio dun ambiente realmente creativo e aberto, polo que supuxo unha das experiencias máis estimulantes da asociación.

.

.BYo53ESIUAEtzD7

BYoN4nbIgAAQs4E

organiza

logocrea400trans

co apoio de

Fundacion_SGAE_color

.

AGADICcor

.

coa colaboración de

logoAgagEs