”Unha grande experiencia a tódolos niveis”

“O mellor foi descubrir ferramentas, compartir experiencias…”

“Foi marabilloso”.

“A importancia de xogar, de deixarse levar, de estar aberto ao que poida suceder”.

“Moi interesante. Vivimos un feixe de experiencias novas para aplicar en futuros traballos”.

” Máxica. Queda un con ganas de máis”.

“Aprendín a profundizar nas emocións da escena e, por outro lado, tiven a oportunidade de coñecer en persoa grandes profesionais do mundo audiovisual”.

Estes foron algún dos comentarios feitos polos asistentes ao obradoiro de dirección de actores que Víctor Duplá impartiu o ano pasado.

Dado o éxito deste primeiro obradoiro, e como consideramos que o traballo cos actores é un terreo fundamental para todo director de ficción, este ano decidimos repetir a experiencia.

…………………………

VÍCTOR DUPLÁ

Víctor_Dupla_peq

Director, actor e profesor de interpretación

Titulado en Arte Dramático e con ampla formación no Estudio Juan Carlos Corazza

Ten traballado en cine, televisión e teatro con directores como Sergio Peris-MenchetaCarlos Saura, Juan José Campanella ou Antonio Hernández.

……………..

Víctor maneja las herramientas de la interpretación con lucidez y desde la más absoluta sencillez. Con él todo parece más fácil“.

Sergio Peris-Mencheta

CONTIDOS

O carácter do personaxe.

  • Como traballar co actor para construír un personaxe é unha parte importante no proceso de ensaios e para que, tanto o actor coma o director, o teñan claro á hora de rodar.
  • Un actor ten un abano de personaxes limitado aos que poder dar vida con sentido de verdade. Saber o material que temos é unha tarefa imprescindible para poder sacar o máximo partido ao actor. É preciso ir máis aló da comprensión intelectual do personaxe para darlle vida cos seus matices, coa súa visión particular da vida, coas súas luces e as súas sombras.

O conflito

  • Antecedentes, relación entre os personaxes, a acción dramática e o desexo interno do personaxe.
  • O que quere e o que se lle opón para lograr o seu obxectivo, o conflito.
  • O texto e o subtexto.
  • O que se conta sen palabras.

Ferramentas para o traballo co actor.

  • Exercicios concretos para crear o ambiente desexado para a escena e que axuden ao actor a entrar no estado de ánimo do personaxe.
  • Exercicios de concentración e de relaxación.
  • Técnicas para comprender en profundidade o traballo do actor.
  • A improvisación como ferramenta para chegar á situación e ao texto
  • Improvisacións de relación: Para afondar nos conflictos entre persoas con diferentes relacións e en diferentes situacións.
  • Improvisacións sobre escenas: Achegamento a textos concretos xa escritos e afondamento nas circunstancias, a acción dramática e as necesidades dos personaxes.

Traballo práctico de dirección de escenas con actores profesionais.

  • Os directores terán a posibilidade de poñer en práctica a dirección de escenas con actores profesionais coas ferramentas aprendidas no curso e coa súa intuición e o seu talento. Traballaranse con escenas de películas ou series e mesmo con escenas propostas polos propios directores.

OBXECTIVOS

  • Aprender técnicas novas para dirixir actores.
  • Adestrar a improvisación como ferramenta para expresar e reforzar a historia que queremos contar.
  • Desenvolver a imaxinación.
  • Valorar a confianza como virtude para lograr o resultado desexado.
  • Confiar no actor, confiar na historia, confiar nun mesmo, confiar no proceso creativo.
  • Conseguir maior sentido de verdade.
  • Sacar a esencia xenuína do actor.
  • Aprender a distinguir as virtudes e defectos que o actor trae consigo e poñelos ao servizo da escena e da historia.

FICHA INFORMATIVA

  • duración: 25 horas (5 horas x 5 días)
  • datas: do 6 ao 10 de xullo
  • horario: de 10:00 a 15:00
  • lugar: Sede da SGAE / Santiago de Compostela
  • data límite de inscrición: 29 de xullo
  • tarifas:
    • 200 € / tarifa xeral
    • 150 € / tarifa reducida *
    • 100 € / tarifa socios/as de CREA
    • os actores seleccionados non terán que pagar cota de inscrición
* a tarifa reducida é aplicable a membros de AGAG (Asociación Galega de Guionistas), así como estudantes e desempregados. Nestes dous últimos casos, é imprescindible enviar unha imaxe escaneada dalgún documento acreditativo (o carné de estudante ou a tarxeta do paro) á hora de formalizar a inscrición, así como presentar o orixinal no acceso ao obradoiro.
 

INSCRICIÓN NO OBRADOIRO PECHADA

Para descargar o dossier, pincha aquí.