Contidos

A sesión divídese en catro tramos:

Que é o crowdfunding e tipoloxía (60’)

Definición e tipos de crowdfunding, plataformas, recompensas, o concepto de presumidor, anticipo da demanda, xestión de custos, fiscalidade e validación do modelo de negocio

15 éxitos no mundo do cine (90’)

Análise de casos de éxito en distintos formatos: O Cosmonauta, Kung Fury, B, Thunderbirds, Frankenstein 04155, Iron Sky, Veronica Mars ou Techo y Comida

Kickstarter e ferramentas de campaña (60’)

Plataforma Kickstarter, ferramentas Google e xestión de equipos con Slack

As 20 regras de ouro do crowdfunding (90’)

Normas xerais, de deseño, recompensas e comunicación con exemplos

  • Para descargar o programa completo, pincha aquí

Valentí Acconcia

Adícase profesionalmente ao crowdfunding desde o ano 2011. Consultor e experto en crowdfunding freelance, ten traballado coas principais plataformas de crowdfunding do mundo. É autor de “Las 20 reglas de oro del crowdfunding” un libro práctico dirixido ao deseño de boas campañas

Ten asesorado proxectos cunha recadación total superior aos 600.000 euros, en plataformas como Indiegogo, Verkami, Lánzanos ou Kickstarter Entre os proxectos asesorados destacan Stalactite 3D HD Printer (65.000 euros recadados en Indiegogo), Mensaje Post-Itivo, La Película (26.600 euros recadados en Lánzanos), Jardín vertical Citysens (26200 euros recadados en Verkami), HappyWeek (21.400 euros recadados en Verkami), WaterDrop (16.600 euros recadados en Kickstarter) 1785 (10.500 euros recadados en Kickstarter) ou Cops&Thugs (10.400 dólares recadados en Kickstarter)

Ficha informativa

  • duración: 5 horas
  • dats: 17 de marzo
  • horario: de 9:30 a 15:00
  • lugar: Sede da SGAE / Santiago de Compostela
  • data límite de inscrición: 15 de marzo
  • tarifas:
    • 40 € / tarifa xeral
    • 25 € / tarifa reducida *
    • 15 € / tarifa socios/as de CREA e SGAE
* a tarifa reducida é aplicable a membros de AGAG (Asociación Galega de Guionistas), así como estudantes e desempregados. Nestes dous últimos casos, é imprescindible enviar unha imaxe escaneada dalgún documento acreditativo (o carné de estudante ou a tarxeta do paro) á hora de formalizar a inscrición, así como presentar o orixinal no acceso ao obradoiro.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

CROWDFUNDING AUDIOVISUAL

O teu nome

O teu email

Tipo de tarifa a aplicar

Documento acreditativo (só en caso de estudantes ou desempregados

* a “tarifa reducida” é aplicable a socios de AGAG (Asociación Galega de Guionistas), estudantes e desempregados. Nestes dous últimos casos, é imprescindible enviar unha imaxe escaneada dalgún documento acreditativo (o carné de estudante ou a tarxeta do paro)."