LOGO_AULACREA_transparente

aulacrea é un programa continuado de formación de alto nivel para directores e realizadores audiovisuais en Galicia.

O obxectivo é manter aberta unha fiestra a outras formas de traballar, a outras formas de entender a profesión, a distintas perspectivas, coñecementos e experiencias.

Por iso nos interesan desde directores que podan compartir a súa experiencia profesional, ata técnicos dos distintos departamentos que participan nunha produción (fotografía, arte, montaxe, postprodución, marketing, etc…) que podan aportar a súa visión sobre o traballo do seu departamento concreto, sempre en relación co traballo de dirección.

As sesións de aulacrea están dirixidas a profesionais do sector, e especificamente a directores e realizadores, tanto os que están en activo coma os que esperemos o estean proximamente, polo que queremos deixar sempre dispoñibles un certo número de prazas para alumnos das distintas escolas de audiovisual de Galicia.

aulacrea é posible grazas a un convenio de colaboración establecido coa

Fundacion_SGAE_color

ACTIVIDADES REALIZADAS

Un ano máis, contamos co presenza dun dos mestres de guión máis notables a nivel internacional: Eliseo Altunaga.

Dúas semanas intensas nas que participaron 15 guionistas cos seus proxectos e 8 oíntes, e nas que se exploraron distintos plantexamentos estructurais (o modelo clásico, modelos rupturistas, cine de arte e ensaio…), formas de traballo sobre o argumento, sobre os personaxes e, sobre todo, abordáronse os temas centrais do proceso creativo: a pasión e a verdade.

+info

Obradoiro de montaxe cinematográfica impartido por Alberto de Toro, montador de películas como AnacletoSpanish Movie, Promoción Fantasma ou Tres Bodas de Más entre outras.

Unha aproximación en primeira persoa ao xeito de proceder na montaxe dunha obra, desde o primeiro contacto co material filmado, a distribución secuencial, e a decisión última do fotograma de corte entre dous planos. Análise de obras, tendencias e referentes clásicos e actuais, solucións a problemas atopados en películas propias e propostas do alumnado.

+ info

Masterclass a cargo de Valentí Acconcia, consultor e experto en crowdfunding freelance, que ten traballado coas principais plataformas de crowdfunding do mundo.

É autor de “Las 20 reglas de oro del crowdfunding” un libro práctico dirixido ao deseño de boas campañas.

Na masterclass abordáronse os seguintes temas:

  • Que é o crowdfunding e tipoloxía (definición e tipos de crowdfunding, plataformas, recompensas, o concepto de presumidor, anticipo da demanda, xestión de custos, fiscalidade e validación do modelo de negocio)
  • 15 éxitos no mundo do cine (análise de casos de éxito en distintos formatos: O Cosmonauta, Kung Fury, B, Thunderbirds, Frankenstein 04155, Iron Sky, Veronica Mars ou Techo y Comida)
  • Kickstarter e ferramentas de campaña (plataforma Kickstarter, ferramentas Google e xestión de equipos con Slack)
  • As 20 regras de ouro do crowdfunding (normas xerais, de deseño, recompensas e comunicación con exemplos)

+ info

Un obradoiro para descubrir os mecanismos fundamentais do traballo cos actores, da man de Víctor Duplá.

Víctor maneja las herramientas de la interpretación con lucidez y desde la más absoluta sencillez. Con él todo parece más fácil“.

Sergio Peris-Mencheta

+ info

GUIÓN CINEMATOGRÁFICO

obradoiro de Eliseo Altunaga

      GUION_ALTUNAGA_peq

Eliseo Altunaga é un dos grandes mentores da escrita de guión no cine iberoamericano contemporáneo.

Como decano da Cátedera de Guión da Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, en Cuba, ten formado a varias xeracións de cinestas de primeiro nivel.

Entre os películas nas que participou como consultor de guión destacan as obras de Pablo Larraín No (2011), Post Mortem (2010) e Tony Manero (2008), así como Melaza (2012), do cubano Carlos Lechuga.

Eliseo ten a capacidade de iluminar coas súas reflexións, tanto ao profesional como ao novel. Escoitalo é aprender e medrar, sen importar en que nivel te atopes.

Valentín Fernández Tubau

+ info

OS RATOS“: CONFERENCIA EXPERIMENTAL DE DISTRUKTUR

con proceccións en 16mm, 2015, 120 min. (aprox)

imaxe_crea_28

O pasado venres 5 de xuño, CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia colaborou na sexta edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña a través da organización da Conferencia Experimental “Os ratos”, do dúo brasileiro Distruktur,  dentro da formación de espazos aulaCREA.

……………………………………

18464558592_55ab47b758_z

Os Ratos” é unha conferencia experimental do dúo brasileiro residente en Berlín Distruktur, que inclúe proxeccións e exemplos do seu traballo en 16mm.

Os Ratos” componse de restos, partes rexeitadas, probas, anacos de película condenados a non existir, ou cando menos a non seren proxectados. Os ratos ratos son feos a primeira vista, mais… non reside a beleza no ollo de quen mira?

Os Ratos” é unha discusión sobre o valor e a valorización das imaxes fílmicas, a través da visualización de diferentes procesos e resultados inherentes á práctica DIY de cine analóxico en 16mm.

O GUIÓN MUSICAL NO CINEMA

obradoiro de Conrado Xalabarder

      bandasonoraflyer1-1146x468

O GUIÓN MUSICAL

O curso tratou sobre o uso da música no cinema, os seus efectos na audiencia, e incidiu en como escribir un discurso musical comprensible, de modo estruturado e ordenado. Non se abordaron asuntos musicolóxicos, senón cinematográficos, explicando cales son os elementos que conforman a música no cine.
Estivo enfocado a profesionais que non son compositores (directores, produtores, guionistas) para que poidan tomar decisións musicais non emocionais, senón racionais, ter unha comunicación máis directa co compositor e saber o que pedir sen provocar confusións.
O obradoiro centrouse en cinco aspectos fundamentais:

  • O territorio da música no cine
  • As categorías na música
  • Os niveis musicais
  • A distribución musical
  • O guión musical

IMPARTIDO POR: CONRADO XALABARDER

Profesor da asignatura de Bandas Sonoras na Universitat Pompeu Fabra e na Universitat de Vic. Crítico de bandas sonoras na revista Fotogramas e colaborador de medios como El Periódico de Catalunya ou La Vanguardia. É o creador da web www.mundobso.com, a maior web de bandas sonoras comentadas do mundo, e autor dos libros Enciclopedia de las Bandas Sonoras, Música de Cine: Una Ilusión Óptica e El Guión Musical en el Cine.
Conrado Xalabarder ten compartido conferencias e entrevistas con compositores da talla de Jerry Goldsmith, Ennio Morricone, Michael Giaccino, Dave Grusin, Ludovic Bource, Bruno Coulais, Elmer Bernstein, Luis Bacalov ou John Addison, entre outros.

“Unha mala banda sonora pode estropear unha boa película”
Conrado Xalabarder

SEMINARIO SOBRE PITCHING

Impartido por Paco Rodríguez

      anagrama_seminario_pitching_2

Enmarcado dentro de Galicia ProFilme, o programa de formación audiovisual da AGADIC, celebrouse o pasado 22 de outubro un seminario impartido por Paco Rodríguez, un dos máis recoñecidos expertos españois nas técnicas de pitching.

O seminario,. dirixido fundamentalmente a creadores (directores e guionistas) tivo como obxectivo adquirir conciencia da realidade profesional, proporcionar ferramentas para lanzar proxectos dunha maneira coherente e eficaz; e aprender a preparar dunha forma efectiva unha presentación pública de calquera tipo de produto nas diferentes situacións que se poden dar ao longo da vida profesional.

 O curso estruturouse en 3 partes:

Parte 1:

 Autocoñecemento e habilidades sociales. As emocións inflúen nos procesos de negociación e condicionan a percepción da situación chegando a dificultar a comunicación e a trabala. É de suma importancia dominalas empregando a intelixencia emocional e a PNL.

Parte 2:

A preparación: Por que o fago? Que quero facer? Como vou presentalo? Cando? A quen? Onde? Para que? (necesidade, obxectivos e proposta). A estrutura e os seus diferentes formatos: un Pitch durará máis ou menos dependendo das circunstancias e o contexto; oscilando entre o brevísimo “pitch do ascensor” que pode non sobrepasar os 90 segundos ata presentacións en foros especializados ou reunións “one to one” en mercados onde podemos dispoñer de 7 a 20 minutos para describir e vender o noso proxecto.

Parte 3:

Adicamos o 70% do noso tempo á comunicación xa sexa como transmisor ou como receptor. Pensamos que as nosas palabras son o centro de toda comunicación cando isto non é certo. A expresión corporal leva máis da metade do peso de toda comunicación. Saber manexala é fundamental tanto para un mellor control de nós mesmos no momento de expresarnos, como para analizar e entender mellor ao noso interlocutor.

la foto 1

Paco Rodriguez

Iniciou a súa carreira como tradutor simultáneo de español-francés en Andalucía. Viaxou posteriormente polo mundo como foto-xornalista para a axencia de comunicación Afa onde cubriu reportaxes nuns corenta países como Kenia, Taiwán e Colombia para publicacións internacionais.

Fundou en 1990, PPM Multimedia onde se adicou á distribución e coprodución internacional de series de animación (Koki, Capelito, Snailympics) con EE.UU., Xapón, Canadá e Francia.

Foi produtor executivo e director de FILMAX ANIMATION producindo longametraxes como “El Cid la Leyenda”, “Pinocho 3000”, “Gisaku”, “Nocturna”, “Donkey.xote” e “Pérez el ratoncito de los sueños” cos que colleitou 4 premios Goya entre outros galardóns internacionais.

Presidiu a Asociación de Produtores Independentes de Animación e foi membro da xunta directiva de FAPAE y da Federación Española de Productores de Animación. Estivo dous anos como membro do Comité de avaliación (películas para televisión, series de animación) do ICAA. É membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Colabora como consultor para o Instituto de Comercio Exterior Español (IcexNext) e a Cámara de Comercio de Madrid (PYMEX). É experto no programa Media Creative da UE. Imparte clases en másteres de diferentes Universidades e Escolas de Cine sobre coproduccións internacionais, vendas internacionais, técnicas de pitching e comunicación, transmedia/crossmedia.

…………………….

Esta actividade foi posible grazas ao apoio de

AGADICcor

SEMINARIO SOBRE BRANDED CONTENT

Impartido por Lidia Mosquera

BRANDED-CONTENT_portada_02

O pasado 26 de setembro tivo lugar en Santiago de Compostela, o seminario sobre branded content impartido por Lidia Mosquera, membro do corpo docente da Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños (Cuba), produtora executiva de Gameworks S.L. e con experiencia como directora, produtora delegada e responsable de contidos dixitais en Canal + España e Cuatro .

Lidia Mosquera

Que é o Branded Content? Por que está en auxe? Como se fai? Que supón para nós? Que ten que ver coa narración transmedia? Quen son os novos actores implicados?

Estas foron algunhas das cuestións que se abordaron, acompañadas de múltiples exemplos, así como ferramentas prácticas para enfrentar esta nova forma de concebir o audiovisual, nun seminario no que participaron profesionais de moi distintos perfís; dende directores e realizadores, ata produtors, xente do mundo do márketing, da xestión de televisións privadas, de  empresas alleas ao sector audiovisual… Un abano amplo e enriquecedor que axudou a que o seminario tivese unha compoñente participativa e de debate realmente interesante.

 [+ info] 

RETRATOS DO INVISIBLE

obradoiro de non-ficción

impartido por Isaki Lacuesta

flyer_isaki2

Retratar o que é invisible por natureza: os pensamentos, os sentimentos, ou -noutra orde de cousas- todo aquilo que os medios de comunicación adoitan obviar. O proscrito. O incómodo. O tabú. O retrato e o autorretrato.

O cine é, antes que nada, unha arte do físico, e dificilmente poderemos facer visibles as emocións ou a psicoloxía de ningún personaxe se antes non sabemos como plasmar a súa xeografía, a súa presenza material: as pegadas que unha emoción, unha idea ou unha dúbida, deixan ao seu paso polos corpos.

Por iso, case todas as mellores películas comprenden, tamén, a arte do retrato: esa que, nos mellores casos, pode amosarnos á vez o retratado e o artista, así como o tipo de relación que se estableceu entre ambos, desde a complicidade ou o desexo ao combate.

ISAKI LACUESTA

É autor das longametraxes: ‘La noche que no acaba’ (2010), ‘Los condenados’ (2009), ‘La  leyenda del tiempo’ (2006) e ‘Cravan vs. Cravan’ (2002), galardoadas en diversos festivais nacionais e internacionais, “Los pasos dobles” e o documental “El cuaderno de barro”, ambas rodadas en Mali coa colaboración do pintor Miquel Barceló. Actualmente está pechando a postprodución de ‘Murieron por encima de sus posiblidades’, unha comedia negra sobre a crise.

 [+ info] 

DESCUBRINDO O ACTOR

obradoiro de dirección de actores

impartido por Víctor Duplá

DESCUBRINDO_O_ACTOR_CREA_gal.psd

Durante unha semana, no mes de maio de 2014, un grupo de 14 directores e directoras -xunto con 6 actores e actrices- tiveron a oportunidade de enfrontarse a algúns dos elementos fundamentais no traballo de dirección de actores: o carácter do personaxe, o conflito, a improvisación como ferramenta de traballo, a imaxinación, a verdade…

Estas son algunha das impresións dos asistentes ao obradoiro:

 ”Unha grande experiencia a tódolos niveis”.

“O mellor foi descubrir ferramentas, compartir experiencias…”

“Foi marabilloso”.

“A importancia de xogar, de deixarse levar, de estar aberto ao que poida suceder”.

“Moi interesante. Vivimos un feixe de experiencias novas para aplicar en futuros traballos”.

” Máxica. Queda un con ganas de máis”.

“Aprendín a profundizar nas emocións da escena e, por outro lado, tiven a oportunidade de coñecer en persoa grandes profesionais do mundo audiovisual”.

IMG_3203
VÍCTOR DUPLÁ

Director, actor e profesor de interpretación

Titulado en Arte Dramático e con ampla formación no Estudio Juan Carlos Corazza

Ten traballado en cine, televisión e teatro con directores como Sergio Peris-Mencheta, Carlos Saura, Juan José Campanella ou Antonio Hernández.

 [+ info]

FX VISUAIS

unha ferramenta para directores

impartido por Ferrán Piquer

seminario_FX_visuais_banner 2

Ferrán Piquer, un dos supervisores de FX visuais máis recoñecidos de España -responsable de  máis de 30 películas, entre elas Las Brujas de Zugarramurdi, Blancanieves, Balada Triste de Trompeta, Combustión, La Chispa de la Vida, Camino, Pájaros de Papel, Salvador, Los Borgia, Sexykiller, Mapa de los Sonidos de Tokyo-, impartiu o día 1 de xullo de 2013 un seminario sobre os FX visuais desde a perspectiva da dirección cinematográfica.

“Dende a creación de entornos virtuais ata a integración de elementos de distintas fontes, pasando pola combinación de imaxes rodadas e de imaxes xeradas por ordenador; os FX visuais son, esencialmente, ferramentas para contar historias. E nos últimos anos, o traballo de dirección -tanto en cine como en TV, ou en calquera outro formato- precisa destas ferramentas cada vez con máis frecuencia”. Ferrán Piquer.

 [+ info]

coa colaboración de
   Fundacion_SGAE_color