ACTIVIDADES

Un dos motores principais do funcionamento de CREA son as súas actividades.
Estas son as que están en marcha na actualidade; e seguimos traballando en novas propostas que irán vendo a luz no futuro.

conecta

xornadas de encontro entre directores e guionistas (+ info)

aulaCREA

actividades de formación para socios e profesionais da dirección (+ info)

a música que se ve

xornada de encontro entre compositores e creadores audiovisuais (+ info)

laboratorios CREA

catálogo de cursos impartidos polos socios e ofrecidos a diversas institucións e centros de formación (+ info)

café con  CREA

baixo este nome, vermú con CREA ou de palique con CREA, organizamos encontros informais entre directores, habitualmente arredor de festivais como Curtocircuito, Cans, S8, Carballo Interplay… (+ info)

premios CREA

os premios CREA teñen como obxectivo o de ser un recoñecemento público, por parte dos socios e socias de CREA, daqueles colegas que destacasen nas distintas facetas da dirección audiovisual (+ info)

outros premios

tamén en colaboración cos festivais, abrimos unha liña de patrocinio de premios a mellor dirección (de momento no Curtocircuito e en Cans) (+ info)

colaboracións

establecemos acordos con escolas de audiovisual para que os nosos socios impartan cursos, seminarios, charlas e titorías dirixidas a estudantes (+ info)

caña & charla

encontros entre guionistas e directores, organizada conxuntamente por CREA e AGAG, na que compartiremos experiencias de creación de proxectos, mentres gozamos dunha cervexa (ou do que queira cada un, vaia)  (+ info)

presenza de CREA

nos últimos anos participamos activamente no Culturgal e encontros como o MICAtlántica (+ info)

cea con CREA

cea anual dos socios (+ info)