Captura de pantalla 2016-09-19 a las 14.58.24

Aberto o prazo de inscripción para o IV Conecta

Tanto se tedes un proxecto audiovisual como se non o tedes e o que queredes é estar ó tanto dos proxectos que se están a mover, xa podedes apuntarvos na que será a IV edición do Conecta.

Conecta 2016

Conecta 2016

que é Conecta?

Conecta​ é unha ferramenta para poñer en contacto a directores e guionistas que estean desenvolvendo proxectos audiovisuais en Galicia. É unha actividade ­organizada por ​CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia co apoio da​ Fundación SGAE e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas no que aqueles ​guionistas que buscan director​, aqueles ​directores que buscan guionista​, ou simplemente todo aquel que teña un proxecto e queira poder recibir opinións doutros compañeiros, poida ter unha serie de ​reunións un­a­un de 25 minutos de duración centradas no seu proxecto concreto.

para que?

A finalidade de ​conecta é xerar un espazo de ​contacto entre autores audiovisuais​; facilitar a conexión entre guionistas e directores, co obxectivo de ​fortalecer os proxectos​ a partir da ​colaboración​ e das ​opinións​ doutros creadores.

Falar, discutir e coñecer compañeiros de profesión é beneficioso para todos, e pode ser útil non só para reforzar os proxectos tratados, senón tamén para establecer nexos que poidan xerar ​novas propostas​.

Ademais, a estrutura de reunións un­a­un é o mellor exercicio para poñer en práctica o ​pitch dos proxectos, de forma que saian reforzados para cando se confronten con produtores, inversores, programadores, etc.

Conecta

para quen?

Conecta vai dirixido a un amplo abano de creadores: desde ​profesionais en activo e con carreiras xa establecidas, ata ​estudantes das distintas escolas e facultades de audiovisual, que estean xerando os seus primeiros proxectos profesionais.

Todo aquel creador/a que teña un proxecto audiovisual ­sexa o que sexa o estado de desenvolvemento­ e queira discutilo con outros creadores, ou estea na procura dun director/a, ou dun guionista con quen colaborar, pode inscribirse para participar na xornada de encontros.

Unha comisión formada por membros de CREA e de AGAG fará, de entre tódalas inscricións, unha seleccion dos ​35 proxectos​ máis interesantes. como foi?

Este ano celebramos a cuarta edición de Conecta. As anteriores edicións foron, sen dúbida, das actividades máis satisfactorias organizadas por CREA.

Cada ano reuníronse ​70 creadores­ entre directores e guionistas ­e celebráronse un total de ​245 reunións para discutir sobre proxectos, nun ambiente de colaboración aberta e construtiva. Un ambiente moi estimulante que se facía especialmente palpable nas pausas de café e comida, onde se creaba unha ​mestura total​ de creadores de distintos estilos, con distinta formación e con distintos niveis de experiencia.

como vai ser?

Os participantes dividiranse en ​dúas​ categorías: ​participantes con proxecto​ e ​participantes sen proxecto​.

Os ​participantes con proxecto ­tanto profesionais como estudantes­ poderán presentarlle o seu proxecto a outros guionistas e/ou directores cos que se poida ​establecer unha colaboración profesional ou, cando menos, ​recibir unha serie de opinións que poidan favorecer á reflexión sobre o seu proxecto e, desa forma, ​axudar a fortalecelo​.

Os ​participantes sen proxecto ­profesionais en activo ­ terán a oportunidade de ​escoitar proxectos, coñecer novos creadores ​e, no mellor dos casos, establecer alguha c ​olaboración profesional​ que poida fructificar no futuro.

Captura de pantalla 2016-09-19 a las 14.58.24

A preparación do encontro, desenvolverase nas seguintes fases:

1. Presentación de proxectos​: os participantes con proxecto presentan un ​pequeno dossier​ do proxecto1∗.
listaxe de participantes​.

2. Unha vez feita a selección, á lista de participantes con proxectos incorpórase a de participantes sen proxecto, directores e guionistas con experiencia que desexen formar parte do evento­, e establécese unha ​listaxe definitiva de participantes​.

3. Organización de reunións​: os participantes reciben esa listaxe, xuntos cos dossieres dos proxectos, e unha ficha para solicitar ata un máximo de ​sete reunións​. E en base a esas solicitudes, establécese un ​cronograma de reunións que, de novo, se enviará a tódolos participantes.

4. Xornada de encontros​: o día do encontro haberá unha sala habilitada para a celebración simultánea das reunións un ­a­ un. Asimesmo, haberá descansos para café e comida; un momento perfecto para o encontro aberto e informal entre os participantes.

onde e cando?

A xornada de encontros tera lugar o ​sábado 22 de outubro​, na ​sede da SGAE​ en Galicia (​R. Salvadas, 2, Santiago de Compostela​). O horario será de ​10:30 a 18:30​ con pausas para café e comida.

e logo que?

Nestes momentos, tamén estamos traballando na ​segunda etapa do proxecto, chamada ​conecta+​, na que os proxectos ​máis valorados polos participantes terán a oportunidade de seren presentados a unha serie de ​produtores galegos​, nunha xornada de ​encontros un­a­un​, nun formato semellante ao da primeira etapa, para favorecer así a posibilidade de que os proxectos seleccionados poidan chegar a ​materializarse​.

conecta 2

Outras preguntas
Onde me podo inscribir?

O formulario de inscrición esta dispoñible ​aquí​, na web de CREA: ​crea.gal
Unha vez cuberto, envíao a ​eventos@galiciacrea.org xunto con toda a ​información complementaria que consideres importante para a correcta comprensión do proxecto.

Cando remata o prazo de inscrición?

O prazo remata o ​12 de outubro​.

Hai algunha limitación en canto a idioma ou contido?

Ningunha​. En canto ao idioma, o proxecto e o seu dossier poden estar escritos no idioma que desexes. E en canto ao contido, a xornada esta aberta a calquera tipo de obra audiovisual.

Podo presentar máis dun proxecto?

Podes presentar ​todos cantos consideres​. E en caso de seres seleccionado, podes traballar con máis dun se o prefires; pero aconsellamos centrarse só nun para aproveitar mellor a cornada de encontros.

Non son demasiado breves as reunións?

Todo depende do criterio de cada un. Pero o certo e que no mundo dos mercados e do pitching, son ​habituais as reunións de 25 min​. E para poder levantar calquera proxecto audiovisual, é fundamental ser capaz de ​explicalo en pouco tempo​.

Non me copiarán a miña idea?

Para poder levantar un proxecto audiovisual é imprescindible ​compartir a información​. Non hai outra maneira. E o habitual é que os ​creadores profesionais acaben pitcheando o seu proxecto a unha ​enorme cantidade de persoas​, antes de conseguir financialo. Pero a posiblidade de ser plaxiado sempre existe. Por iso é recomendable ​rexistrar os proxectos. De todas formas, é importante non esquecer que ​o noso talento é o alicerce fundamental dos nosos proxectos. Se a alguén lle interesa o noso proxecto, o máis probable é que lle interese o noso talento, non só a idea concreta.

Os que escoiten o meu proxecto lerán antes a información que eu mando?

O máis habitual é que os participantes sen proxecto lean os dossieres que se lles envían, pero ​non están obrigados a facelo​. Igual que en calquera reunión profesional cun posible produtor, distribuidor, inversor ­ou quen sexa­, pode ser que mirasen a túa info con atención ou que só lle botasen un vistazo. E en calquera caso, é importante ​poder transmitir en pouco tempo o contido da nosa historia a xente que non a coñece en absoluto, non so a quen xa ten información previa.

Para calquera outa dúbida, escríbenos a ​eventos@galiciacrea.org

Compartir