Curtocircuito 13

Abel Ferrara e Sergei Loznitsa protagonistas do 13 Curtocircuito

Entre os días 3 e 9 de outubro terá lugar en Compostela a que será a 13 edición do Curtocircuito. Un festival que este ano contará como protagonistas de excepción ó cineasta norteamericano Abel Ferrara e ó documentalista ucraíno Sergei Lotnitsa.

Abel Ferrara curto
No caso de Abel Ferrara, Curtocircuito programará unha selección das curtametraxes do autor da etapa 1971-1977, así como unha carta branca con 4 filmes seleccionados polo propio Ferrara: La Ricotta de Pier Paolo Pasolini, Every boy is named Patrick de Jean Luc Godard, Electronic Labirynth THX 1138 4EB de George Lucas e Standard Time de Michael Snow.
No caso de Loznitsa, Curtocircuito ofrecerá unha ampla retrospectiva con filmes que van desde os anos 1998 a 2012.

Obradoiros e Masterclasses

obradoiro curto
Curtocircuito contará ademáis cun nutrido programa de actividades:
O obradoiro Sobre a música e os ruídos, impartido por Xabier Erkizia. Tedes toda a información para inscribirvos aquí.
Todo vai ser diferente, obradoiro de experimentación visual impartico por Javi Álvarez. Toda a info para inscripción aquí.
The imposible cinema, seminario ideado en especial para Curtocircuito polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum. Tedes info e inscripción aquí.

Planeta GZ
Igualmente, Curtucircuito ofrecerá unha ampla selección dos traballos galegos máis destacables na sección Planeta GZ que este ano acollera a estrea mundia de Ir e Vir, o novo traballo do noso socio Miguel Mariño.

 

 

Compartir