Cartel-taller-Meisner-72ppp

AAAG e CREA organizan un obradoiro de introducción á tecnica actoral

Desde CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) queremos seguir co noso obxetivo de ofrecer actividades de formación co apoio da Fundación SGAE e, neste caso, en colaboración con AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia). Por eso propoñemos un taller Introductorio á técnica actoral Sandford Meisner, como unha forma novedosa na que dirixir a un actor coñecendo e entrenando a técnica. Virá da man de Iñaki Moreno, actor, coach de actores e director de cine e teatro. Actualmente forma parte importante da rede iberoamericana de técnica Sandford Meisner, é docente regular en Bos Aires e imparte seminarios e talleres por distintas escolas de Latinoamérica y España.

OBXETIVO
Para Sanford Meisner, actuar é a habilidade de traballar co que existe debaixo dunhas circunstancias imaxinarias, ou, noutras palabras, vivir de verdade, honestamente, dentro de ditas circunstancias. Para esto, diseñou unha mecánica que ten a súa base no coñecido Xogo da Repetición, a través do que o actor aprende a recoñecer, no seu compañeiro e en sí mesmo, qué é un verdadeiro impulso – o músculo do actor – e entrenalo. Valerémonos da práctica da técnica Meisner para construir e afinar o instrumento interpretativo, atomizando cada un dos seus engranaxes e as problemáticas fundamentais do actor, partindo das dúas principais que incitaron a Sanford a deseñar a súa metodoloxía: a escoita e a autoconsciencia, ou, como dicía Scott Williams: o Crítico Interior. Comprendendo estes mecanismos mediante a observación e o entrenamento, introduciremosnos na Preparación Emocional e no traballo con circunstancias imaxinarias, a través das primeiras instancias nos exercicios avanzados “Llamada a la Puerta” y “la Actividad Independiente”. En definitiva, prantaremos unha semente para iniciar o camiño de outra forma de actuar, de actuar sin actuar: a de aprender a vivir coa verdade que cada un contén no evento escénico/cinematográfico.

CONTIDOS:

O programa do obradoiro inclúe clases teóricas e prácticas.

Conceptos teóricos: Vivir honestamente baixo circunstancias imaxinarias – A realidade do facer; a conciencia, a escoita, a atención e a mente crítica; o evento escénico; o Fuck polite!; a alerta, o xogo do actor e o risco; tipos de cambio e tipos de repetición na mecánica.

Xogos de quencemento: xogos de clown; xogos/exercicios de habilitación física/xestual; xogos de escoita e atención.

A mecánica do Xogo de Repetición: Introducción e entrenamento dos mecanismos básicos de Repetición (introduciedo a linguaxe; a repetición física e a de comportamento; o punto de vista; o xogo dos tres momentos; o qué sucede; recoñecemento do impulso e a resposta honesta.

A Realidade do Facer e as Circunstancias Imaxinarias (Introducción):
A actividade independiente (I); a chamada á porta (I).
Exercicios de Aproximación Meisneriana e grupais (de a tres ou máis): a conversa, a conta, round robin, repetición de a tres, o experimento sin mochila. A preparación: o ¿Cómo estás?; ferramentas de preparación (I);
A preparación emocional (imaxinando/soñando desperto).
Introducción á escena: Cold Reading; análise do texto; ferramentas de memorización.

METODOLOXÍA:
Partirase de conceptos fundamentais teóricos da metodoloxía do entrenamento da actuación para Sandford Meisner. Investigaremos qué é un impulso xenuino e cómo entrenar o músculo do actor, das emocións, aprendendo a maneira de escoitar ao noso compañeiro dende a verdade que cada uno contén – momento a momento, respirando o presente. Descubriremos qué ser humano leva cada actor dentro de sí, e entrenaremos para que sexa con esa esencia única de cada uno, coa que nos embarcaremos no risco de vivir o presente en escena, permitindo que o público nos vexa, que vexa qué nos pasa realmente, para, así, vivir de verdade o que acontece, e na realidade do facer, coa “non actuación”. A través de xogos de quencemento grupais pasaremos aos primeiros pasos do pilar fundamental do entrenamento inicial: O xogo de Repetición. A este xogo añadiránselle variables e avances na súa mecánica. As mecánicas e demáis exercicios meisnerianos servirannos para atomizar as dificultades do actor, desgranar os escollos da vivencia real escénica, como a escoita, o vivir o presente, o dicir con verdade, a conciencia, escoitar e falar con honestidade, sin trabas nin filtros da nosa mente educada e social, a mente crítica. Afondarase no recoñecemento de este impulso máis primario e máis honesto para alonxar ao actor da actuación, aprendendo a interrelacionarnos dende o comportamento, para comezar a vivir con verdade as circunstancias dadas. Tamén nos introduciremos na preparación do actor ante a escena, con diversas ferramentas, para o seu óptimo tránsito pola mesma.

IÑAKI MORENO
Introduciu a técnica en Arxentina, investigando e ensinando as mecánicas meisnerianas dende o ano 2010 ata a actualidade, dando obradoiros, cursos regulares e seminarios intensivos en diversos espacios culturais. Instrúese na técnica de Sanford Meisner con Scott Williams,
profesor da técnica en Actor’s Studio e alumno directo do mesmo Meisner e director da escola londinense de teatro The Impulse Institute.
En Xaneiro de 2013 funda El Taller de Meisner, primeiro estudio de formación e investigación da técnica Sanford Meisner en Arxentina, tendo a súa sede en Bos Aires, pero cun recorrido que comprende diversos puntos da xeografía arxentina, así como de Latinoamérica e España.
Dende a súa fundación, xa son cerca de 300 os estudantes e profesionais do medio teatral e cinematográfico (tanto intérpretes como guionistas, directores de actores, directores e docentes), que se formaron con Iñaki Moreno, en Arxentina, Uruguay, Ecuador e España.
Fora das fronteiras de Arxentina introduce a técnica en Uruguay onde forma parte do equipo docente regular e en Ecuador, onde comandará a área artística da primeira escola – de carácter oficial e aprobada polo Ministerio de Educación de Ecuador – Estudio Paulsen. Dita escola impartirá unha formación académica de dous años, seguindo os pasos da Neighborhood Playhouse de Nova York, de Sanford Meisner.
É no 2016 cando se inicia o proxecto da primeira rede iberoamericana da técnica Sanford Meisner, vinculando o Estudio Paulsen (Guayaquil), La Escena (Montevideo) e El Taller de Meisner (Bos Aires); devandita rede ampliarase próximamente coa inclusión de outros países de fala hispana, como México, Chile, Colombia, Perú e España.

DESTINADO A:

Directores, realizadores, actrices e actores, profesionais do audiovisual, estudiantes das escolas de cine e outros medios afíns que desexen nutrirse dunha técnica actoral que engrandeza a súa bagaxe profesional.
*Non se require formación nin experiencia previa.
Número máximo de asistentes: 20
Número de ointes: Sen límite.
Horas lectivas: 20 h.

TARIFAS
Tarifa xeral: 80€
Socios/as CREA / AAAG: 60€
Socios SGAE, Ointes: 50€

DATAS E HORARIO
16 ao 20 de Xaneiro 2017
De luns a venres de 10:00 a 14:00

LUGAR
Sede da SGAE en Galicia
R/ Salvadas, 2
15705 Santiago de Compostela

Os interesados/as en participar deberán de poñerse en contacto con formación@crea.gal.

O prazo de inscripción remata o día 9 de Xaneiro.
As prazas concederánse por orden de inscripción.
Para calquera dúbida, escríbenos a formacion@crea.gal

Compartir