angelica y roberta

A webserie “Entre Pipas” premio á Mellor Comedia no I FEW

Esta fin de semana ven de celebrarse en Madrid, na Sala Berlanga o I Festival Español de Webseries, FEW. Este é o segundo evento destas características que se celebra no estado tras o Carballo Interplay, CIP, que dirixe a nosa socia Sonia Méndez.
O evento contou cunha nutrida representación galega na súa sección oficial onde puideron verse en sala e a través da plataforma Yomvi, as webseries “Angélica y Roberta” Realizada por Judas Diz e producida por Sonia Méndez e Sandra Lesta, “Entre Pipas” de Jorge Cassinello e “El Quid” de Bruno Nieto e Raúl García.
Entre os 3 traballos obtiveron un total de 7 nominacións. “Angélica y Roberta” estivo nomeada a Mellor Comedia e Mellor Actriz. “Entre Pipas” obtivo un total de 3 nominacións, Mellor Comedia, Mellor Actor e Mellor Guión. Mentres, “El Quid” estivo nomeada a Mellor Drama e Mellor Técnica Audiovisual.
Finalmente foi a webserie “Entre pipas” interpretada por Julio Abonjo e Luis Zahera a que conseguiu voltar para a casa con premio ó ser escollida como a Mellor Comedia do certame madrileño.
Todos os episodios das webseries está dispoñibles online e podedes seguilas nos seus respectivos canles:

Angélica y Roberta
Entre Pipas
El Quid 

Deixámosvos o Palmarés completo.

Compartir