NVI

A Federación de Cineclubes de Galicia cumple 30 anos

En xullo de 1984 producíase un encontro entre os cinceclubes Adega, Barbanza, Cangas, Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, Groucho Marx, Padre Feijoo, Pontevedra, Toma 3 e Valle-Inclán que pasarían a asociarse en Feciga: A Federación Galega de Cinceclubes.
Con motivo desta efeméride o vindeiro sábado 28 de xuño celebrarase en Chantada un encontro dos cineclubes de Galicia e que servirá para inaugurar o “Cinema Palleiriso” unha antiga palleira reconvertida en sala de proxección. O acto estará amenizado antes do xantar cunha versión vermú do Trío Motobomba ás 14h. Tras o xantar  ás 16.15h terá lugar un debate sobre “Cinema no rural” e á súa conclusión  a inauguración do Cinema Palleiriso ás 18.30 en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz) cunha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores do Cineclube de Pontevedra e unha escolma de traballos de Charles Chaplin para conmemorar o centenario do seu primeiro filme.
Igualmente, este fin de semana retómase a programación regular de cine no Auditorio Municipal da Illa de Arousa onde se poderá ver o filme “N-VI” do noso socio Pela del Álamo. Será o venres 27 ás 21.30h no Auditorio da Illa de Arousa.

Compartir