Videoclip

5×5 Videoclips: Juan Lesta vs Javi Camino

Convidamos ós nosos socios a unha Carta branca na cal lles damos renda solta a amosar publicamente filias, fobias, influencias, gustos ou simplemente os seus traballos favoritos. Nesta quenda centrámonos nos videoclips onde dous especialistas na materia, Juan Lesta e Javi Camino ofrecennos unha mostra persoal de traballos que os marcaron.

Juan Lesta: M.I.A,  “Bad Girls”.
Punk do SXXI. Traballo soberbio de Romain Gavras. Encántame como se aborda o tema da muller neste vídeo, o reto, as referencias ao torneos tipo medieval.

Javi Camino: Judas Priest, “Breaking the law”.
Este clásico é unha das miñas grandes debilidades. Ver a un grupo de tipos rudos como Judas Priest neste delirio camp non ten prezo. O plano do poli tocando a guitarra de cartón xa forma parte da historia dos videos musicais.

Juan Lesta: Beastie Boys,  “Sabotage”.
Podería facer esta lista só con vídeos de esta xente. O seu tratamento audiovisual é tan bo como a súa música. Imos cun clásico de Spike Jonze, Sabotage. Esta versión ten extras antes e ao final do clip. Encántame a parodia e o sentido do humor dos clips de Beastie Boys, e neste caso como Jonze soubo retratar o estilo setenteiro das series policiacas.

Javi Camino: The Cure, “Close to me”.
Outro clásico que me encanta pola súa orixinalidade, sinxeleza e claustrofobia que provoca. No 1990 fíxose un remake, pero eu sigo preferindo a versión orixinal

Juan Lesta: Fatboy Slim, “Praise you”.
Outros que non poden faltar, e repetimos Spike Jonze, que ademáis protagoniza o clip. Paréceme brutal a mestura de formatos que hai neste clip: falso documental, cámara oculta, clip musical, found footage… E especialmente como o clip entra e sae da narración a través do radiocasete que nos mete e nos saca da narración videoclipera. É a versión clip do “Cinema Verité”.

Javi Camino: Aphex Twin, “Come to daddy”.
Na miña adolescencia non era tan fácil acceder a clips como agora. Os afortunados que tiñan parabólica adoitaban a facer en VHS recopilacións de videos grabados da MTV e Viva que despois iban rulando entre colegas. Nun deses VHS descubrín este video que rompeu con todos os meus esquemas tanto musicais como visuais. Dende aquela Chris Cunninghan converteuse nun dos meus directores favoritos e Aphex Twin un artista a seguir de cerca. Todos os videos que fixeron xuntos son xoias.

Juan Lesta: Chemical Brothers, “Left forever be”.
Non teño moitas palabras para describir esta especie de alucinación lisérxica en imaxe. Paréceme impresionante como se mesturan decorados con posprodución, e como a coreografía evoluciona entre transicións imposibles.

Javi Camino: MGMT, “Flash Delirium”.
Este video está cheo de cousas que molan: atmósfera incómoda, vellos que bailan, bonecos de ventrilocuo, lampreas, traqueotomías, pulmóns de aceiro…

Juan Lesta: Para pechar vou co mestre, con inventor do formato da composición visual para un tema musical, o precursor do Vj e do liveCinema, Oscak Fischinger. “Komposition in blau”. Elixo unha peza de 1935!! que mestura ritmo, visuais, abstracción, unha obra mestra. Todos de xeonllos para ver esta peza.

Javi Camino:  Dizzee Rascal,  “I don’t need a reason”.
A verdade e que podería facer unha lista de 5 videos favoritos só poñendo clips de Dizzee Rascal. Escollo este pola orixinalidade da técnica empregada.

Compartir