postproduccion

5×5 “I love postpro”: Fran X. Rodríguez vs Dani Viqueira

No noso 5×5 de hoxe falamos de Postprodución con dous especialistas, Fran X. Rodríguez e Daniel Viqueira que amosan todo o seu bo gusto na seguinte Carta Branca.

Fran X. Rodriguez: Meliès. “Le diable noir”.
Aquí un exemplo de Stop Trick, que Mélies utilizaba para facer aparecer (e desaparecer) elementos da escena por “arte de maxia”. Nunha época onde todo estaba por descubrir, Monsieur Melies inventaba. Todo o realizable nos nosos días en canto á efectos especiais se refire debémosllo a este señor.

Dani Viqueira: “Ryan Vs Dorkman”
A informacion está o noso alcance mais que nunca e os  efectos especiais chegan os nosos fogares, calquera con ganas de aprender Softwares e  con inxenio pode  chegar a pasalo tan ben como estas persoas e crear secuencias ou efectos alucinantes. Uns dos comezos das novas xeración de xovenes promesas de internet. Comezaron con esta secuencia de Accion e George Lucas fichounos como Axudantes da segunda Unidad de Dirección para Star Wars.(A Amenaza Fantasma).

Fran X. Rodriguez: Lilfuchs. “New Topia”.
Hipnótico motion graphics de Lilfuchs. En animación ás veces non fai falta animar unha morea de frames para conseguir a metraxe que a túa peli necesita. Os loops son unha gran alternativa para conseguilo e obter resultados realmente espectaculares.

Dani Viqueira: llya Naishuller. “Bad Motherfucker”
Creou esta secuencia de acción alucinante.

Fran X. Rodriguez: Breeder. ADBNE 2013 – Opening Titles”.
Breeder supera con esta peli os títulos de crédito da grande “True Detective”. Simplemente fascinante.

Dani Viqueira: Peter Jackson.
Peter Jackson animou a seguinte que se convertirá en longametraxe. Resultado…

Fran X. Rodriguez: DyE feat. Egyptian Lover. “She’s Bad”.
Este videoclip desborda inxenio plantexando unha metáfora en cada plano. O uso das máscaras neste filme é técnica e brutalmente perfecto.

Dani Viqueira: Zack King.
O enxeñoso mago da postprodución.

Fran X. Rodriguez: Clubfeet. “Everything You Wanted”.
Cando pensaba que xa vira todo referente ós planos secuencia, van estos e danlle unha volta de torca. Grande ferramenta o Camera Tracker. Esta posprodución ten MOITO de preprodución. Planificar ou morrer.

Dani Viqueira: Danny Philippou
Un grupo de colegas pasándoo bomba.

Fran X. Rodriguez (Bonus Track): Breakbot. “Baby I’m Yours”.
Tomando como base a gravación realizada en video,  IRINA DAKEVA  pintou en acuarela uns 2000 frames para compoñer esta obra de arte.
Cunha cámara perrallerira e botándolle horas ( bueno, máis ben semanas) de pospo podes conseguir acabados ben bonitos.


Dani Viqueira (Bonus Track):
O fillo co pai postproductor.

 

 

Compartir